A Coruña no mundo global do S.XXI. Novos tempos para a acción exterior de Galicia. IGADI.

Xoves 18 de Decembro de 2025 – 20:30
Domus da Coruña
Presenta Yolanda Castaño e Touriñán

Prazas limitadas.

ACoruna.hub.gal nace no ano 2020 froito do traballo conxunto entre o Concello da Coruña e o IGADI desde o 2018 para mellorar a proxección e imaxe internacional da cidade… Touriñán únese á condución do espectáculo a Yolanda Castaño, que xa fora a presentadora da Gala no 2023.

No 2025, a 4ª edición de “A Coruña Global” será un espazo mixto entre o espectáculo e a reflexión colectiva, para entender os fíos que tecen as conexións da Coruña co mundo do S.XXI. Desta maneira, a actividade contará coa participación presencial e virtual de especialistas en cidades globais, diáspora galega, internacionalización, deporte, solidariedade… Haberá grandes sorpresas!

A 4ª edición de “A Coruña Global” serve como punto de encontro para impulsar unha ollada coral da cidade internacional e celebrar a nosa condición de cidade atlántica, referencia no coñecemento, a cultura, a moda ou a creatividade.

Todas as persoas inscritas poderán levar un Mapa da cidade global da Coruña, en galego, castelán, inglés, portugués, ou chinés

Impulsamos as oportunidades e as potencialidades da Coruña como cidade global intermedia, en relación coa acción exterior española, galega e europea, aliñada como unha cidade comprometida coa Axenda 2030.

Todas as actividades da edición 2025 fan parte do Convenio entre o Concello da Coruña e o IGADI desta anualidade.

Trala realización do Mapa de cidade global no ano 2022, a liña de investigación en Paradiplomacia do IGADI achegouse ás utilidades do Mapa por medio de 4 artigos de analistas do IGADI.