A Coruña no mundo global do S.XXI. Novos tempos para a acción exterior de Galicia. IGADI.

Anímate a participar e construír a cidade do futuro

No contexto de pandemia xerado pola Covid19 o ciclo de coloquios online ‘Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI‘ nace para impulsar o desenvolvemento das Bases de Acción Exterior A Coruña, documento estratéxico para a proxección internacional da cidade elaborado polo IGADI no 2018.A pandemia sendo unha ameaza a todos os nosos xeitos de vivir tamén debera ser unha oportunidade para o futuro.

O ciclo aspira a funcionar coma plataforma onde promover de maneira coral un relato de cidade internacional conectada á Axenda 2030 de Nacións Unidas e a Axenda Urbana do Concello, que sexa xenerador de oportunidades, contacto e coñecemento para a cidadanía e os axentes sociais da cidade. Para isto contaremos durante cinco semanas coa participación de xornalistas, artistas, académicas, técnicos, activistas sociais, ou empresarios e intelectuais que perfilarán as formas e os contidos da Coruña internacional do 2020 e a década dos 20.

Aspiramos a facilitar un punto de inflexión colectivo
na relación do local co global na cidade;
coma unha capital atlántica europea
que olla ao mundo e ao futuro aberta desde o mar…

No marco do convenio Concello da Coruña-IGADI para este 2020 en liña co desenvolvemento das BAEX e o Ciclo “Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI” o Concello da Coruña participou no proxecto O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo oriente-Occidente e realizará no mês de decembro de 2020 un Obradoiro sobre redes de cidades internacionais entre persoal técnico e político do Concello.

Animámoste a participar e a construír a cidade do futuro,
inscríbete e participa da Coruña global!

Programa

No contexto global da pandemia da Covid 19 e a Axenda 2030 de Nacións Unidas, e no contexto local do desenvolvemento das BAEX A Coruña e a creación da Lei galega de Acción Exterior e Cooperación para o Desenvolvemento, proponse a seguinte liña temática semanal para o conxunto do ciclo.

Aínda que o ciclo poderá verse en directo na Canle de Youtube do IGADI, para obter certificado de asistencia hai que inscribirse e participar na Sala de ZOOM.
O ciclo sucederase ao longo de 5 semanas.
Todos os martes do mes de novembro, até o martes 1 de decembro de 2020.
Todas as intervencións estarán entre os 5 e os 15 minutos.
En todas as sesións darase cando menos 30 minutos de preguntas e respostas coas persoas participantes na sala de ZOOM.
Todas as sesións serán ás 19:00.

Daniel González Palau

Daniel González Palau

Coordinador e presentador do Ciclo de coloquios online “Novos tempos para a acción exterior de Galicia: A Coruña global no mundo do S.XXI”. É Director do IGADI.

MARTES 3 NOVEMBRO

A globalización na cidade metropolitana: Da entrada na UE á pandemia da Covid19

Coloquio “A globalización na cidade metropolitana” | Ciclo A Coruña no mundo global

– Fernando González Laxe
– Andrés J. Precedo Ledo
– Marcos Gendre

Fernando González Laxe

Fernando González Laxe

Nado na Coruña, Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, Catedrático de Economia Aplicada na UDC. Foi presidente da Xunta de Galicia.

Consuelo Bautista

Consuelo Bautista

Xefa de informativos de Radio Coruña Cadena SER desde 1992.

Andres Precedo Ledo

Andrés J. Precedo Ledo

Catedrático de Xeografía Humana (1983). Autor de 25 libros e de 360 artigos científicos publicados en doce países. Foi membro de numerosas institucións internacionais e nacionais e actualmente é presidente da Asociación Metropolitana Coruña 3.0. Membro do Comité Científico da Reserva da Biosfera Mariñas-Mandeo.

Marcos Gendre

Marcos Gendre

Xornalista musical, autor de trinta ensaios, tamén colaborador en revistas como Rockdelux, Luzes, El Salto, Vinte, Panenka e Volata. En 2019, escribiu “Branquiazul” (2019), baseado nos anos dourados do Deportivo de La Coruña.

MARTES 10 NOVEMBRO

A Coruña nas redes globais da nova e vella diáspora galega

Coloquio “A Coruña nas redes globais da nova e vella diáspora galega”

– Pilar Cagiao.Montserrat
– Golías.Miguel Rodríguez
– Duarte Romero.
– Xavier Alcalá

Pilar Cagiao

Pilar Cagiao

Profesora Titular de Historia de América e coordinadora do Grupo HistAmeríca  na Universidad de Santiago de Compostela. Foi directora do Centro Interdisciplinario de Estudios Americanistas “Gumersindo Busto” da USC e do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega.

Montse Golias

Montserrat Golías

Cátedra da Memoria Histórica, ESOMI, Universidade da Coruña.

Miguel Rodríguez e Duarte Romero

Miguel Rodríguez e Duarte Romero

Xornalistas, vivindo e traballando en Londres, produtores do podcast Té com Gotas.

Xavier Alcalá

Xavier Alcalá

Enxeñeiro telemático e escritor. É Director da
Revista A Nosa Rede.

MARTES 17 NOVEMBRO

Fase Atlántica: O mar, a cultura e a ciencia na Coruña global

Coloquio “Fase Atlántica: O mar, a cultura e a ciencia na Coruña global”

– Felipe Senén
– Nieves R. Brisaboa
– Anxela Baltar
– Yolanda Castaño

MARTES 24 NOVEMBRO

Axenda 2030, municipalismo e cooperación internacional

Coloquio “Axenda 2030, municipalismo e cooperación internacional”

– José Manuel Peña Peñabad
– José Luis Méndez Romeu
– Tamara Espiñeira
– Ana Gudín Sergio Fernández

José Manuel Peña Peñabad

José Manuel Peña Peñabad

Xefe de Servizo de Alcaldía e Axenda Urbana A Coruña.

José Luís Méndez Romeu

José Luis Méndez Romeu

Foi Concelleiro de Educación e Cultura na Coruña entre 1987 e 2004 e Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Anteriormente foi Secretario de Estado no Goberno de España. Dirixiu no 2018 o Informe sobre a política de acción exterior para Galicia (Eixo Atlántico).

Tamara Espiñeira

Tamara Espiñeira

Secretaria Xeral da rede de cidades Atlantic Cities.

Ana B. Gundín

Ana B. Gundín

Concelleira de Igualdade e Normalización Linguística do Concello de San Sadurniño, Vicepresidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

MARTES 1
DECEMBRO

A globalización nos tempos da Covid 19:
Crise, oportunidades e perspectiva?
O caso da Coruña

Coloquio “A globalización nos tempos da Covid 19”

– Marta Rey García
– Enrique Sáez
– Fernando Bruno
– Yaiza Canosa

Marta Rey García

Marta Rey García

Profesora Titular de Universidade na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Coruñesa, iniciou a sua traxectoria profesional en 1996 na Fundación Barrié, da que foi directora ata 2008. É membro do Comité Científico da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Enrique Sáez

Enrique Sáez

Economista e ensaísta. Foi Director Xeral do Banco Pastor. Escribíu entre outros “O Mundo e Nós” (1999) e “La Libertad en el Siglo XXI” (2019). Actualmente Presidente de Torres y Saez e da Fundación Juana de Vega. Consello Reitor do IGADI.

Fernando Bruna

Fernando Bruna

Profesor de crecemento económico e de economía rexional e urbana na
Universidade da Coruña. Ademáis de Doutor en Economía é graduado en Socioloxía e en Ciencias Políticas. É especialista en análise de datos e foi xerente dunha empresa de consultaría estratéxica.

Yaiza Canosa

Yaiza Canosa

CEO de GOI, premiada pola revista Forbes co premio 30 under 30. É cofundadora de Glue con máis de 5 anos de experiencia en xestión de equipos, desenvolvemento de negocios e financiamento de produtos.

Recursos

O espazo web acoruna.hub.gal nace conectado ao documento BAEX, Bases de Acción Exterior da cidade da Coruña, documento realizado polo IGADI para o Concello da Coruña no ano 2018 no marco
da nova arquitectura legal da acción exterior española e galega e o papel das cidades na mesma.

O documento das BAEX A Coruña conseguiu a unanimidade no Pleno do Concello en marzo de 2019, baixo a Declaración institucional “A Coruña global no mundo do S.XXI”que asumía coma obxectivo común o desenvolvemento do plan de actuación do documento durante o mandato municipal 2019-2023.

As BAEX A Coruña nacen tamén ligadas ao desenvolvemento da Axenda 2030 de Nacións Unidas, a Axenda Urbana do Concello da Coruña e ao conxunto de políticas de acción exterior de Galicia.

Inscrición

O eveno xa foi realizado.