A Coruña no mundo global do S.XXI. Novos tempos para a acción exterior de Galicia. IGADI.

23-24-25 NOVEMBRO 2022
Centro Universitario de Riazor
Universidade da Coruña

ACoruna.hub.gal nace no ano 2020, froito do traballo conxunto entre o Concello da Coruña e o IGADI desde o 2018 para mellorar a proxección e imaxe internacional da cidade. No 2022 traballamos na creación dun Mapa físico e online da Coruña coma cidade global, así como na 2ª edición das Xornadas “A Coruña no mundo global do S.XXI” que se celebrarán o 23, 24 e 25 de novembro, no Centro Universitario de Riazor da Universidade da Coruña en horario de tardes.

A segunda edición das Xornadas “A Coruña no mundo global do S.XXI”, centrarase nas posibilidades da Coruña como cidade global intermedia, en relación coa acción exterior española, galega e europea, aliñada como unha cidade comprometida coa Axenda 2030.

Nas Xornadas presentaranse os avances na produción do Mapa de cidade global da Coruña (presentación, 30 de decembro), definindo as relacións glocais da cidade, desde a historia e desde o plano actual. O mapa aspira a reforzar a información sobre a cidade en linguas internacionais reforzando a súa atractividade territorial, visibilizando axentes económicas, culturais ou institucionais.

O obxectivo das actividades do Convenio 2022 entre o Concello da Coruña e o IGADI é posicionar A Coruña como unha capital atlántica europea, moderna e atractiva para o S.XXI, así como avanzar nas potencialidades da cidade no curto-medio-longo prazo, en relación ao novo marco xurídico arredor da acción exterior española e galega, no marco especial que deu no 2021 a aparición da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ou a entrada como observador asociado de España na CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa).

Programa

Aínda que as sesións serán gravadas, non serán retransmitidas en streaming. 
Todas as intervencións serán de 15 minutos, contando con 25-30 minutos de coloquio final.
O ciclo sucederase o mércores 23, o xoves 24 e o venres 25 de novembro do 2022, todos os días entre as 18:30 e as 20:30h.
Para obter certificado de asistencia emitido polo IGADI hai que inscribirse e asistir ás sesións dos tres días.

MÉRCORES 23 / 18:30
NOVEMBRO

A acción exterior española en rede: as CCAA, cidades e provincias

Desde o 2014 a Lei de acción exterior española abriu novas posibilidades para gañar en coordinación e coherencia no traballo internacional entre as distintas administracións públicas, dando seguridade xurídica ás Comunidades Autónomas, cidades e provincias, na súa acción e proxección exterior.

En que punto estamos no 2022?
Que oportunidades e posibilidades para unha acción exterior en rede do S.XXI?
Que fortalezas e debilidades ten o novo marco xurídico?
Jose Manuel Lage

Jose Manuel Lage (Presenta)

Concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno municipal da Coruña.


Adriana Viz

Adriana Viz

Asesora Gabinete Ministro Asuntos Exteriores, Unión Europa e Cooperación

Javier Parrondo

Javier Parrondo

Director Casa Asia

Rafael García

Rafael García

Profesor de Relacións Internacionais, Universidad Pablo de Olavide

Daniel González Palau

Daniel González Palau

Director IGADI

XOVES 24 / 18:30
NOVEMBRO

A acción exterior de Galicia na encrucillada, prioridades na nova EGAEX

Desde a aprobación da Lei de Acción Exterior española (2014) a Xunta de Galicia destacouse entre o resto de Comunidades Autónomas españolas por un impulso normativo que acabou por dar no ano 2021 coa Lei de Acción Exterior e Cooperación Internacional de Galicia. Xa no 2018 contabamos cunha Estratexia Galega de Acción Exterior e actualmente trabállase na segunda.

Como podemos mellorar a nova EGAEX e desenvolver a Lei, que áreas e actividades deberamos priorizar?
Andrea Mila

Andrea Mila (Presenta)

Doutora en Ciencia Política e especialista en Relacións Internacionais


Jesús Gamallo

Jesús Gamallo

DX Exteriores, UE e Cooperación ao Desenvolvemento da Xunta de Galicia

Celso Cancela

Celso Cancela

Profesor de Ciencia Política, Universidade de Vigo

Serafín Pazos

Serafín Pazos

AEIDL, European association for innovation in local development

Jorge Antonio Quindimil

Jorge Antonio Quindimil

Coordinador do Grado Bilingüe en Relacións Internacionais, Universidade da Coruña

VENRES 25 / 18:30
NOVEMBRO

As Bases de Acción Exterior da Coruña e o mapa de cidade global intermedia

O Concello da Coruña aprobou en Pleno, e por unanimidade, en marzo do 2019, a Declaración institucional “A Coruña global no mundo do S.XXI” co obxectivo de avanzar tanto internamente, como na coordinación coa Xunta e o Estado, para mellorar a súa atractividade internacional.

Que nos achega ter unha visión e operativa desde as institucións entre o local co global?
Como traballar en rede para mellorar a proxección internacional da cidade en liña coa Axenda 2030 ?
Que aportan ferramentas como o mapa de cidade intermedia global?
María González Flores

María González Flores (Presenta)

Profesora de Socioloxía da Globalización e Sostibilidade Social na Universidade da Coruña


Tamara Espiñeira

Tamara Espiñeira

Instituto de Estudos Políticos de Rennes

Julio Abalde

Julio Abalde

Reitor da Universidade da Coruña

Martín Fernandez Prieto

Martín Fernandez Prado

Presidente Autoridade Portuaria

Lucía López Teijeira

Lucía López Teijeira

Presidenta Asociación de Empresarios de Pocomaco

Pablo López Blanco

Pablo López Blanco

Jefe de Servicio Promoción Exterior 2 Cámara de Comercio A Coruña

Vídeos da edición 2020

Podes ver os vídeos da 1ª edición, realizada durante a segunda onda da pandemia en outubro do ano 2020, co obxectivo central da identificación dun relato coral e a definición dun DAFO de continxencia, nun mundo en cambio.

Coloquio “A globalización na cidade metropolitana” | Ciclo A Coruña no mundo global

– Fernando González Laxe
– Andrés J. Precedo Ledo
– Marcos Gendre

Coloquio “A Coruña nas redes globais da nova e vella diáspora galega”

– Pilar Cagiao.Montserrat
– Golías.Miguel Rodríguez
– Duarte Romero.
– Xavier Alcalá

Coloquio “Fase Atlántica: O mar, a cultura e a ciencia na Coruña global”

– Felipe Senén
– Nieves R. Brisaboa
– Anxela Baltar
– Yolanda Castaño

Coloquio “Axenda 2030, municipalismo e cooperación internacional”

– José Manuel Peña Peñabad
– José Luis Méndez Romeu
– Tamara Espiñeira
– Ana Gudín Sergio Fernández

Coloquio “A globalización nos tempos da Covid 19”

– Marta Rey García
– Enrique Sáez
– Fernando Bruno
– Yaiza Canosa

Inscrición

O formulario de inscrición xa non está dispoñible.

Global map of the city of A Coruña

Paradiplomacy: International Relations, Development and local conectivity in the 21st century

The history of Galicia is necessarily international, and it cannot be understood without considering the country’s strategic maritime position, and the Atlantic trade and migration routes it is a part of, including the American diaspora. Over the centuries we have developed a global profile in fields as diverse as economics, culture and language.

In this history of Galicia, A Coruña plays a major role. Since the 16th century, with the Casa das Especiarías (House of Spices) and even much earlier, beginning with the history of the harbor and with it the first Atlantic trade routes; up to the present times, marked by the growing impact of globalization and the economic and cultural internationalization of the city. Today, A Coruña is an intermediate global city, which stands out for its international, cultural and academic connectivity in so many ways…

All cities have a tourist map that points out tourist landmarks and prominent places that identify the tourist attractions of the city. We aspire to expand the idea of ​​this map to other attractions of the territory, linked to its international connectivity, both of spaces and actors.

The creation of the Map was intended to develop the Bases for the Council’s Foreign Action, which the Plenary Session supported as a whole in 2019 in the context of the reordering of Spanish and Galician foreign action. At that time it was identified that the City Council did not have information in international languages ​​other than tourist information of the city. In addition, the city’s global connectivity ecosystem was not identified.

The Map creates these materials in international languages ​​and identifies the organizational, institutional, logistical ecosystem… of the territory. With this identification of actors, progress can be made in a more orderly and impressive local external action, which in the end we understand enhances the territorial attractions and economic, human, cultural capital…

  • Project Manager: Daniel González Palau (IGADI)
  • Designer and Journalist: Xan Sabarís
  • Historical Advisor: Félix Longueira Fafián
  • Spanish Translator: Nuria Pahino Da Silva
  • Portuguese Translator: Morgana Matos
  • English Translator: Miguel González Álvarez
  • Chinese Translator: Baihui (Alba) Jia

Mapa da cidade global da Coruña

Podes imprimir en A1 ou A2, e utilizalos como mapa ou póster.

Para velo en internet podes descargar esta imaxe:

Mapa da cidade global de A Corunha

Você pode imprimir em A1 ou A2 e usar como mapa ou pôster.

Para visualizá-lo na internet, você pode baixar esta imagem:

Mapa de la Ciudad Global de A Coruña

Puede imprimir en A1 o A2 y usarlo como mapa o póster.

Para visualizarlo en internet puedes descargar esta imagen:

A Coruña Global City Map

You can print in A1 or A2, and use is as a map or as a poster.

To view it on the internet you can download this image:

拉科鲁尼亚综合地图

您可以在 A1 或 A2 的纸上打印并将其用作地图或海报。

Interactiva do Mapa da cidade global da Coruña, Relacións Internacionais e Historia
Interactiva A Coruña Global Hoxe

Recursos

O espazo web acoruna.hub.gal naceu conectado ao documento BAEX, Bases de Acción Exterior da cidade da Coruña, documento realizado polo IGADI para o Concello da Coruña no ano 2018 no marco da nova arquitectura legal da acción exterior española e galega e o papel das cidades na mesma.

O documento das BAEX A Coruña conseguiu a unanimidade no Pleno do Concello en marzo de 2019, baixo a Declaración institucional “A Coruña global no mundo do S.XXI” que asumía coma obxectivo común o desenvolvemento do plan de actuación do documento durante o mandato municipal 2019-2023.

As BAEX A Coruña nacen tamén ligadas ao desenvolvemento da Axenda 2030 de Nacións Unidas, a Axenda Urbana do Concello da Coruña e ao conxunto de políticas de acción exterior de Galicia.

Podes ver tamén o programa e os os vídeos da primeira edición do Ciclo de coloquios “ A Coruña no mundo global do S.XXI” realizada no ano 2020 e o seu informe-resumo. Ademais no ano 2020 o Concello da Coruña, no marco da súa acción exterior, participou xunto aos Concellos de Lugo, Pontevedra e Santiago no proxecto “O Xacobeo e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo-Oriente-Occidente”, do que tamén podes ver os seus vídeos.